VIII Bolsa de Investigación e Produción Artística

22 Dec 2020

O programa de artes visuais de Rambleta, no seu propósito de impulsar a creación e difusión artística, presenta a VIII Convocatoria de Bolsa de Investigación e Produción Artística.

A bolsa convocada terá como fin a creación de proxectos artísticos concibidos para Rambleta, que implique a reflexión crítica ante o feito expositivo mediante instalacións, intervencións ou accións desenvolvidas especificamente con adecuación ás características do espazo, ao mesmo tempo a convocatoria ten por obxectivo facilitar ás seleccionado vías de profesionalización no ámbito da arte contemporáneo.

Só se admitiran proxectos inéditos, que non fosen publicados nin seleccionados para outras exposicións ou convocatorias similares.

A convocatoria está aberta a calquera disciplina artística, tanto individual ou colectiva, así como a proxectos de produción, investigación e  comisariado, co compromiso de ser realizados ao longo do ano 2021.

O prazo de presentación dos proxectos estará aberto ata o 12 de febreiro de 2021.

Requisitos
Persoas físicas, maiores de idade, de forma individual ou colectiva. Será seleccionado 1 único proxecto.

Dotación
Unha axuda de 6.000 euros desagregada en:
3.500 euros destinados á obra e/ou proxecto expositivo, incluíndo transporte, montaxe en sala e desmonte.
2.500 euros destinados a gastos de edición, difusión, comunicación e publicación do catálogo.

http://www.larambleta.com/eventos/post/convocatoria-viii-beca-produccion-investigacion-rambleta