O obxecto da convocatoria é a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos nos postos de traballo de Auxiliar administrativo encadrados na escala de Administración xeral,subescala Auxiliar, grupo “C2” do Concello de Dodro.
A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Dodro, na Sede Electrónica ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Si se presentara a instancia por correo postal, deberá aparecer o selo da oficina de correos na devandita solicitude e se comunicará ao Concello a presentación da solicitude, por correo electrónico á dirección correo info@dodro.gal
O prazo de presentación de solicitudes será de VINTE DÍAS NATURAIS, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (martes 22 de decembro de 2020).