Programa “MUSIGAL” 2021 da Deputación de Pontevedra

22 Dec 2020

A Deputación de Pontevedra, co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia de Pontevedra e de fomentar ao tempo o uso e a normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero, pon en marcha o programa “Musigal” 2021.

Este programa nace co obxectivo de favorecer a programación artística por parte dos concellos e diríxese especificamente aos grupos e artistas profesionais de música. 

Poderán inscribirse neste programa unicamente os grupos musicais profesionais que aborden de xeito específico contidos  sociolingüísticos e de dinamización da lingua galega e que fagan música en galego nos seus concertos ou, no caso de ser instrumentais, que as súas pezas sexan de autoría galega.

Os grupos interesados, sen personalidade xurídica propia, poderán formular as súas solicitudes por medio de representante autorizado para a contratación exclusiva do grupo no ámbito da provincia de Pontevedra. Cada entidade ou persoa representante presentará un máximo de catro solicitudes de inscrición de grupos musicais neste programa.

Non se admitirán neste programa grupos inscritos no Catálogo de grupos Pontegal da Deputación de Pontevedra.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.


O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO martes 22 de decembro de 2020) e rematará o 20 de xaneiro de 2021.

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “MUSIGAL” 2021