Bolsa de Emprego para Encargado de Obra en Vilaboa

21 Dec 2020

CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA ENCARGADO DE OBRA

O Concello de Vilaboa (Pontevedra) ven de aprobar as bases e a convocatoria para constituír unha bolsa de emprego de OPERARIO DE SERVIZOS MULTIPLES (Grupo V do Convenio), que permita a contratación temporal de persoal laboral previsto no artigo 27 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego público de Galicia, mediante o sistema de concurso-oposición

O período de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO venres 18 de decembro de 2020).

As bases íntegras publicaranse na sede electrónica (https://vilaboa.sedelectronica.es/info.0) e no Taboleiro de Edictos do Concello, exclusivamente.