XXVII Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico ÁLVARO CUNQUEIRO

21 Dec 2020

O Concello de Lalín (Pontevedra) en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña, así como asociacións gastronómicas galegas no seu desexo de fomentar a difusión da cociña galega e para premiar o labor realizado por xornalistas e escritores que prestaron especial atención ao devandito tema, así como por ampliación do Premio Nacional de Xornalismo celebrado en anos anteriores, aprobou as presentes bases para a concesión do XXVII PREMIO NACIONAL DE XORNALISMO GASTRONÓMICO ÁLVARO CUNQUEIRO.

Poderán tomar parte no devandito concurso os escritores, xornalistas e particulares que publicasen artigos, libros, entrevistas, reportaxes, viñetas, fotografías, comentarios, etc. en galego ou en castelán, nos distintos medios de comunicación, sobre temas relacionados coa gastronomía galega, en particular, e a gastronomía, en xeral, nos últimos 2 anos. Tales traballos deben inscribirse de maneira obrigatoria en calquera dos xéneros xornalísticos, non poderán ter sido premiados anteriormente e non poderá ser premiado 3 anos consecutivos un mesmo autor. Ademais, poderán tomar parte os estudantes de Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual que presenten os seus traballos académicos relacionados coa gastronomía.

O prazo para a presentación dos traballos comenzará ao día seguinte da publicación do extracto da convocatoria dos premios no BOPPO (Venres, 18 de decembro de 2020) e rematará o día 15 de xaneiro de 2021. En todo caso, se o envío se realizara por correo ordinario, terase en conta a data que figure no cuño postal.

BASES DA CONVOCATORIA