Certame Literario Gerardo Rovira

16 Dec 2020

Desde o IES Gabriel e Galán de Plasencia convocan o Certame Literario Gerardo Rovira para alumnado de ESO de toda España.

As obras poderán ser presentadas nas modalidades de prosa e verso, con tema libre.
Os textos en prosa non excederán os catro folios escritos por unha cara a dobre espazo en letra  Arial 12, cunha extensión máxima de vinte e cinco liñas por páxina.
Os textos de poesía non excederán dos cen versos, escritos nas mesmas condicións que as recollidas para a prosa.

Cada autor/a poderá concorrer como máximo cunha obra no apartado de prosa e outra no de poesía.

Os orixinais deberán presentarse fisicamente por triplicado, ou mediante formato dixital nun arquivo PDF, sen asinar e baixo pseudónimo.

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 25 de marzo de 2021. Poden enviarse por correo á seguinte dirección: IES Gabriel e Galán, Avda. Cañada Real 1. 10600 Plasencia. Cáceres.

No sobre constará “Gerardo Rovira, Poesía/Prosa”. Ademais dos orixinais, deberá achegarse un sobre pechado -identificado co título da obra- que conterá os datos persoais do autor: nome, idade, lugar de nacemento, teléfono, email e centro educativo ao que pertence, xunto a unha fotocopia do carné de identidade -se o tiver- e unha declaración xurada de ser o autor e de que a obra é orixinal, inédita e non premiada noutro concurso.

No caso de optar polo formato dixital, os traballos enviaranse á dirección aventurasextraescolares@gmail.com, utilizando un correo electrónico anónimo no que non figure ningún dato que permita a identificación do concursante. O asunto rezará “Gerardo Rovira, Poesía/Prosa”. Adxuntos irán dous arquivos en formato PDF: o da obra presentada, que levará por nome o mesmo que a obra seguido de "poesía/prosa" (Nomedaobra-poesía.pdf) e outro, a modo de plica, chamado como a obra e a continuación "plica" (Nomedaobra-plica.pdf). Este arquivo debe conter o título da obra e os datos e documentos escaneados do autor aos que se fixo referencia máis arriba.

Para calquera consulta, poddedes dirixirvos ao teléfono do instituto (927 017 788) ou ben ao email aventurasextraescolares@gmail.com, indicando no asunto "Gerardo Rovira: consulta", sempre de forma anónima. Non se manterá correspondencia cos participantes salvo cos que resulten vencedores.

Premios:
Prosa 200€
Verso 200€

https://iesgabrielgalanp.educarex.es/index.php/departamentos/lengua-y-literatura/actividades/520-xlii-concurso-literario-gerardo-rovira-2