Desde a Federación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Thaderconsumo convocan o V Certame literario Educando contra a violencia
Poderán concorrer ao Certame Literario todos os mozos e mozas que o desexen, sen distinción de nacionalidade, cunha obra orixinal e inédita.
Establécense dúas categorías de participación para a modalidade literario: menores de 18 anos e maiores de 18 anos.
Características dos traballos:
- Serán presentados en lingua castelá, a dobre espazo e con tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.
- A súa temática estará relacionada coa erradicación da violencia sobre a muller.
- Os relatos curtos non superarán as 550 palabras, título excluído.
O envío das obras realizarase a través de correo electrónico á seguinte dirección educandocontralaviolencia@gmail.com No “Asunto” escribirase: Quinto Concurso de Relato Curto “Educando contra la violencia” 2020. Enviaranse dous documentos adxuntos en formato Word:
- Nun arquivo irá o texto, sen datos persoais, identificado co título do traballo e a modalidade á que opta.
- Noutro documento escribirase a palabra “PLICA” e o título do relato para a súa identificación.
Debe conter os datos persoais do autor ou autora: nome, apelidos, dirección, teléfono, correo electrónico e DNI. Tamén, a declaración xurada que acredite o carácter orixinal e inédito do traballo, e que expoña que non foi premiado en ningún outro concurso.
Premios. Para cada modalidade establécese un primeiro premio e un accésit:
Maiores de 18 anos:
Primeiro premio: cheque de 250 €
Accésit: Tableta
Menores de 18 anos:
Primeiro premio: Tableta
Accésit: Lote de libros
A recepción de traballos estará aberto ata o 1 de febreiro de 2021 ás 00:01 horas.
Máis información en educandocontralaviolencia@gmail.com