Actividades de educación ambiental

15 Dec 2020

A Deputación de Lugo comezou as emisións en Youtube das actividades de educación ambiental organizadas pola institución no marco do traballo de xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Na iniciativa colaboran a área provincial de Medio Ambiente e o Servizo de Audiovisuais da Deputación, que se ocupa de gravar as distintas actividades da programación. A actividade de arrinque foi un obradoiro de produción e cultivo de plantas ornamentais, que xa se pode visualizar xa a través da dita rede social.

A Deputación organizará outros tres obradoiros de medio ambiente:
- O Consumo Responsábel e Actividades Tradicionais
- Científic@s por un Día
- A Calidade do Aire.

As datas e as ligazóns aos vídeos destas actividades publicaranse na área de Medio Ambiente da web da Deputación de Lugo.

http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/actividades-medioambientais