Bolsas no Laboratorio Europeo de Investigación Nuclear, CERN, en Xenebra, Suíza

15 Dec 2020

O Centro de Investigacións Enerxéticas, Ambientais e Tecnoloxías, CIEMAT, convoca 25 bolsas de especialización do programa  FTEC- Spanish Traineeship Programme para mozos/as profesionais científicos/as e  tecnólogos/as, no Laboratorio Europeo de Investigación Nuclear, CERN, (Xenebra, Suíza), en tecnoloxías de grandes aceleradores de partículas, detectores e infraestruturas asociadas.

Requisitos: Persoas con posesión do Título de Máster en Enxeñería, Física Aplicada ou titulacións equivalentes que comprendan unha formación académica nas áreas temáticas da convocatoria que cumpran que, no momento da publicación desta convocatoria, non transcorrese máis de 4 anos desde a obtención do título universitario requirido.

Prazo: 12 de febreiro de 2021
Máis información no BOE do 15 de decembro de 2020