Elle Talent Project

14 Dec 2020

A revista Elle xunto con IE Business School lanzan Elle Talent Project para mocidade emprendedora.

O obxectivo é premiar o talento e a mellor idea de negocio no mundo da moda, a beleza, o deseño ou a tecnoloxía.

A proposta máis innovadora e viable recibirá 25.000 euros para levala a cabo e unha bolsa para realizar un Master in Management ou un Programa de Executive Education en IE Business School valorado en ata 37.000 euros (a condición de que o gañador cumpra cos requisitos de admisión de IE Business School).

O ámbito territorial do concurso será todo o territorio nacional español e a participación é gratuíta.

Os candidatos deberán inscribirse no cuestionario oficial. Ao concluílo, recibirás un número que identifica o teu proxecto. A continuación failles chegar o teu proxecto por correo certificado, incluíndo o número de identificación á seguinte dirección: Elle Talent Project (R/ Cardeal Herrera Oria, 3 - 28034 Madrid).

O período para o rexistro a través da páxina web de ELLE e o envío das candidaturas permanecerá vixente ata o 22 de febreiro de 2021 ás 12:00 h. O prazo máximo para o envío do proxecto físico será ata o 1 de marzo de 2021 ás 24:00 h.

https://www.elle.com/es/living/ocio-cultura/a34425212/elle-talent-project-2021/