Concerto das Letras Galegas

14 Dec 2020

O Consello da Cultura Galega subiu á súa web o concerto das Letras Galegas que se celebrou o pasado 30 de outubro, como antesala do Día Das Letras Galegas. A cita, que tivo lugar no Auditorio de Santiago, estivo condicionada pola situación sanitaria, polo que se desenvolveu sen público e coa retransmisión en directo por Internet.

Esta última edición do Concerto das Letras Galegas foi da man do Taller Atlántico Contemporáneo, que interpretou un programa de puña en diálogo a música e a literatura galegas relacionadas coa cultura ferrolá. O festival comezou coa composición de Fernando Buide del Real Inger mis calices. De seguido Xan Viaño, compositor nado en Ferrol, interpretou Músicas Nocturnas. Ao longo de todo o concerto escoitáronse textos da literatura galega, como Ódiote de Rosalía de Castro, da man de César Morán, Danza de Nani García, para pechar con dous últimos poemas por parte de Esperanza Mara e Janet Novás.

Aquí pódese ver o concerto: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201096