Guións para radioteatro

14 Dec 2020

A Asociación Cultural Corifeo organiza un Concurso de guións para radioteatro

Poderán participar todas as persoas maiores de idade que así o desexen.
As persoas participantes poderán enviar cantas propostas de guión queiran e cada texto poderá estar escrito por unha ou varias persoas. Os guións deben ser inéditos e non ter sido representados con anterioridade.

A temática é libre.
A lingua dos guións será o galego.
Os textos deben estar pensados para o formato de radioteatro.
- Formato do texto: PDF, Times New Roman 12 e interliñado de 1,5.
- O número máximo de páxinas é 8 (como referencia aproximada, a duración máxima da locución son 15 minutos).
- Para que a proposta sexa viable, o número de personaxes non será maior de 6 (non se terán en conta como personaxes as voces de fondo ou de creación de ambiente, nin efectos…).

O prazo para presentar textos estará aberto ata o 28 de febreiro de 2021.

Para manter o anonimato de cada autora ou autor ante o xurado, os guións deberán enviarse a radioteatrocorifeo@gmail.com co asunto: “Concurso guións de radioteatro”. No correo adxuntaranse dous arquivos en PDF:
- Arquivo 1 - Guión: deberá figurar ao comezo o pseudónimo e despois o título e o propio texto presentado a concurso (Nome do arquivo: texto_pseudonimo).
- Arquivo 2 - Datos do autor/a: nome, enderezo electrónico, teléfono de contacto, data de nacemento e localidade de residencia (Nome do arquivo: datos_pseudonimo).

Haberá un premio de 150 euros para o texto gañador, puidendo outorgarse un ou varios accésits sen dotación económica se o xurado o considerase oportuno.
O texto gañador e os accésits serán locutados por Corifeo Teatro e distribuídos en todas as canles que a organización decida.
O fallo do xurado darase a coñecer no Facebook “Asociación Cultural Corifeo” e as persoas gañadoras serán contactados directamente.

https://es-es.facebook.com/pages/category/Performing-Arts/Asociaci%C3%B3n-Cultural-Corifeo-177634672757913/