III Certame de Cancións da Uned

10 Dec 2020

A Universidade Nacional de Educación a Distancia convoca o III Certame de Cancións.

As cancións poden estar escritas en calquera das linguas oficiais de España. En caso de ser distinta ao castelán, deberán incluír a tradución. Cada candidato ou candidatos, presentará no prazo sinalado, unha canción inédita.  Así mesmo, deberán encher un formulario en liña, cun breve currículo e datos persoais, todo o cal será obxecto de valoración polo xurado. As cancións deberán estar relacionadas dalgunha maneira coa receita gañadora do VII Certame  GastroUNED de Literatura e Gastronomía. Unha receita inspirada no mar e especialmente no libro de Julio Verne 20.000 leguas de viaxe submarina.

O texto da canción, que haberá de ser enviado nun arquivo con letra Times new roman tamaño 12 e a dobre espazo, non poderá superar os 70 versos. A canción, que será enviada nun arquivo de audio en formato MP3 non poderá exceder os 12 megas de tamaño. O arquivo de audio deberá estar titulado co título da canción e este deberá coincidir co do arquivo de texto e co formulario de inscrición. Ambos, arquivo de texto e de audio, deberán ser enviados ao correo electrónico palabrasenelpentagrama@adm.uned.es

O prazo de recepción de obras estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2021.

Premios:
Premio xeral dotado con 1.000 €.
Premio categoría UNED dotado con 500 €.

https://clubdecultura.uned.es/2020/10/05/iii-certamen-de-canciones-de-la-uned/