I Concurso de Fotografía “Muller Rural”

09 Dec 2020

A Mancomunidade “Comarca da Sidra”, a proposta do Consello Comarcal de Mulleres, organiza o I Concurso de Fotografía “Muller Rural”.

O obxectivo será reflectir nas fotografías as particularidades da Muller rural, poñer de relevancia o papel e o traballo desempeñado tradicionalmente polas mesmas e así dalas a coñecer dunha forma artística ao conxunto da sociedade.

Requisitos:
Poderá participar no concurso, de forma individual, calquera persoa de calquera idade e nacionalidade, residente en España. En caso de persoas menores de idade, deberá presentar escrito de autorización, que se acompaña como Anexo, para participar no concurso asinado polo seu representante legal, nai, pai ou titor/a legal.

Categorías:
- Categoría A: para persoas maiores de idade).
- Categoría  B: Enfoque xuvenil, á que poderán concorrer as persoas menores de idade.

Poden presentarse tanto fotografías en branco e negro como en cor, obtidas por medios dixitais ou analóxicos. Non se aceptarán fotomontaxes nin manipulacións dixitais, máis aló das básicas relativas a axuste de cor, contraste, enfoque,  recuadre ou similares. O formato das fotografías será libre, presentadas en papel fotográfico profesional, sen ningunha clase ou tipo de marxe,  orlas nin recadros e montadas sobre soporte de 30x40 cm, que non poderá estar asinado. O número máximo de fotografías por concursante é de tres obras individuais e non se admiten series. Cada fotografía deberá ser presentada nun único sobre.

As fotografías deberán ser enviadas ou entregadas en man no Rexistro Xeral da Mancomunidade Comarca da Sidra (Paraes, 47. 33529 Nava), en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

Premios:
- Categoría Enfoque: 500 € e Diploma.
- Categoría Enfoque xuvenil: consistirá nun vale por importe de 300 € para a adquisición de material audiovisual e/ou escolar e Diploma.

Prazo:  15 de decembro de 2020

https://www.mancosi.es/documents/3475419/5477581/Bases+concurso+fotografia.pdf/ba0a7570-0822-41a6-b101-916901e90993