Bolsas de posgrao no estranxeiro

04 Dec 2020

A Fundación "La Caixa" convoca 120 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de investigación superior do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), América do Norte ou Asia-Pacífico.
Os estudos son de máster ou doutoramento. Tamén se admiten os proxectos predoutorais de investigación científica e técnica.

O prazo da convocatoria estará aberto ata o 11 de febreiro de 2021.

https://fundacionlacaixa.org/es/becas-la-caixa-posgrado-extranjero