A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España convoca axudas destinadas a fomentar o emprendemento feminino e á creación de empresas por mulleres 2020.
As axudas obxecto desta convocatoria articúlanse nas seguintes liñas:
- Liña 1: Nova actividade empresarial con alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou na ou na mutualidad do colexio profesional correspondente e no Imposto de Actividades Económicas (IAE) de mulleres desempregadas.
- Liña 2: Financiamento dos gastos directos necesarios para a posta en marcha da nova actividade empresarial.
As axudas concederanse conforme á orde de entrada das solicitudes presentadas por aquelas empresarias que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria, e sempre que se atopen dentro do prazo e exista dispoñibilidade orzamentaria.
As axudas que se concedan ao amparo desta convocatoria estarán cofinanciadas ao 100% polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación 2014-2020.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de decembro de 2020 ás 23:59 h.
A contía das axudas por cada solicitude presentada será de 600 euros no caso da liña 1 e ata un máximo de 2.000 euros no caso da liña 2.
https://www.boe.es/boe/dias/2020/11/18/pdfs/BOE-B-2020-42312.pdf