Axudas Juan de la Cierva-Formación e axudas Juan de la Cierva-Incorporación

27 Nov 2020

O Ministerio de Ciencia e Innovación fai a convocatoria 2020 das axudas Juan de la Cierva-Formación e das axudas Juan de la Cierva-Incorporación.

Juan de la Cierva-Formación:
As axudas teñen como obxecto o fomento da contratación laboral de persoas mozas en posesión do grao de doutor/a, por un período de dous anos, para que completen a súa formación investigadora postdoutoral en centros de I+D españois distintos a aqueles nos que realizaron a súa formación  predoctoral.
O prazo de presentación das solicitudes de participación será do 17 de decembro de 2020 ao 28 de xaneiro de 2021 ás 14:00 horas

Juan de la Cierva-Incorporación:
As axudas teñen como obxecto a contratación laboral de persoas mozas en posesión do grao de doutor/a, por un período de tres anos, para que afiancen as capacidades adquiridas durante unha primeira etapa de formación  posdoctoral.
O prazo para o enchemento e firma polas persoas participantes do formulario electrónico de solicitude será do 15 de decembro de 2020 ao 19 de xaneiro de 2021 ás 14:00 horas

As solicitudes de participación ás axudas Juan de la Cierva serán presentadas polas entidades. Previamente á presentación da solicitude, a persoa participante realizará o enchemento do formulario electrónico de solicitude.

Máis información no BOE do 27 de novembro de 2020

Convocatorias no Ministerio de Ciencia e Innovación