Desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil do concello de Lousame informan da campaña en contra da violencia de xénero que terá como nome A árbore do bo trato.
Esta iniciativa terá a súa base no formato dixital e terá como imaxe simbólica unha árbore, que estará composta por folla e froitos con propostas que impulsen o bo trato. Os veciños de Lousame poderán promocionar súas ideas a partir de vídeos, textos, imaxes e demais arquivos multimedia que serán expostos na páxina web do Concello.
Para poder participar, o Concello de Lousame habilitará un photocall na Casa Consistorial para facer uso del en caso de que algún veciño o precise. Ademais poderanse enviar aportacións ó WhatsApp (689 126 385) e por wetransfer (nos@noscomunicacion.com).
https://m.facebook.com/concello.delousame/posts/2839693489633903?locale=es_ES
Oficina Municipal de Información Xuvenil
Praza Teodomiro Hidalgo, 1
15214 Lousame
Teléfono 981 821 865