O Campus de Ourense (Universidade de Vigo) impulsou a mostra virtual Exxperimenta en feminino, iniciativa que ten como obxectivo último espertar nas rapazas e nos rapaces a vocación científica suplindo a carencia de referentes femininos nestes eidos.
A nova andaina inclúe 14 vídeos curtos nos que investigadoras e profesoras de catro centros do Campus de Ourense explican de xeito divulgativo a traxectoria e relevancia de 14 mulleres referentes nos ámbitos da ciencia, a tecnoloxía e as enxeñarías.
Cada muller destacada foi elixida polas investigadoras de cada un dos 14 stands que formaron parte da edición 2020 de Exxperimenta atendendo á súa área de especialización.
https://exxperimentaenfeminino.webs.uvigo.es/exposicion-virtual_gal/