Chave 365??? E-martes

19 Nov 2020

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), convoca en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia a X Xornada de formación práctica dixital (E-martes)

Contidos:
Sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: eServizos, servizos nas oficinas e Sistema de interconexión de rexistros (SIR).

Desenvolvemento:
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: martes, 1 de decembro de 2020.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 6 horas lectivas.

A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará aberto ata as 23.55 do día 25 de novembro de 2020.

Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 546 239 e 981 546 241.

Máis información no DOG do 19 de novembro de 2020 e en https://egap.xunta.gal