Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas

18 Nov 2020

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19 que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego. O prazo de execución da operación vai desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de decembro de 2020.
 
As axudas serán:
a) 1.200 € para as persoas traballadora autónoma que cumpran cos requisitos
b) 2.000 € para aquelas persoas traballadoras autónomas en sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada

As solicitudes deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co procedemento TR400A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de decembro de 2020.
Máis información no DOG do 18 de novembro de 2020