Mocidade investigadora

17 Nov 2020

A Axencia Estatal de Investigación aproba a convocatoria 2020 de axudas a «Proxectos de I+D+i»

Entidades beneficiarias:
As universidades, os centros públicos de I+D+i, os centros tecnolóxicos e as entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro vinculadas á ciencia, a tecnoloxía, a investigación e a innovación.

Modalidades de proxectos:
a) Proxectos de «Xeración de Coñecemento», sen orientación temática previamente definida, que están motivados pola curiosidade científica e teñen como obxectivo primordial o avance do coñecemento, independentemente do horizonte temporal e do ámbito de aplicación do mesmo.
b) Proxectos «Retos Investigación», orientados á resolución de problemas vinculados aos oito grandes retos da sociedade incluídos no Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020.

Dentro das modalidades indicadas, os proxectos poderán ser de dous tipos, dependendo do perfil da persoa que lidere o equipo de investigación:
a) Proxectos tipo A, liderados por mocidade investigadora. Na modalidade de proxectos «Retos Investigación», inclúense os proxectos para mozos e mozas sen vinculación ou con vinculación temporal.
b) Proxectos tipo B, liderados por investigadores ou investigadoras consolidadas.

O prazo de presentación das solicitudes de participación será do 26 de novembro de 2020 ata o 17 de decembro de 2020 ás 14:00 horas

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/532399