Prácticas no Banco Europeo de Investimentos

16 Nov 2020

O Banco Europeo de Investimentos (BEI) é a institución financeira da Unión Europea dedicada á integración, o desenvolvemento equilibrado e a cohesión económica e social dos Estados membros.

O BEI ofrece prácticas e postos de traballo durante o verán a estudantes e graduados recentes. Terán unha duración de 1 a 5 meses e desenvolveranse, fundamentalmente, nas áreas de finanzas, auditoría, economía, enxeñería e secretaría xeral.  

O período de inscricións estará aberto ata o 26 de novembro de 2020.

https://www.eib.org/en/about/careers/categories/summer-jobs.htm