Xuíz/a de paz substituto de Ares

16 Nov 2020

O Concello de Ares fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz/a de paz substituto.
Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolvemento da función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabilitación, nin procesado ou inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento.
Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de decembro de 2020.
Máis información no BOP da Coruña do 16 de novembro de 2020