Distribución de máscaras entre o alumnado

13 Nov 2020

A Consellería de Educación distribuirá máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Alumnado destinatario
O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que:
1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
 a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
 b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno, co formulario ED330E, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no centro docente e no portal educativo http://www.edu.xunta.gal.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de novembro de 2020.
Máis información no DOG do 13 de novembro de 2020