O programa GIRL STEM entrevista a Rebeca Atencia, directora do Centro de Rehabilitación de Chimpancés de Tchimpouga

13 Nov 2020

Esta semana Girl STEM conversa coa veterinaria ferrolá, Rebeca Atencia, que está á fronte do centro de rehabilitación de chimpancés de Tchimpouga (República Democrática do Congo), dependente da Fundación Jane Goodall.

AGASOL e a Xunta de Galicia, a través da AMTEGA, continúan así este ciclo de conversas, enmarcado no Plan de Promoción do Talento Dixital da AMTEGA, que busca a reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

Na conversa, realizada por Bárbara Román, avogada responsable de Nolegaltech -unha empresa galega especializada en dereito tecnolóxico- Rebeca Atencia afirma que «ao principio ser muller foi un impedimento, pero ao final transformouse en algo positivo porque acabaron dando máis valor ao meu traballo». Neste sentido, a primatóloga aconsella ás rapazas novas «que crean nelas mesmas, se realmente soñan con algo, por moi raro e inalcanzable que pareza».

Entrevista: https://youtu.be/37kRlzfPwhc