Un cento de mozos e mozas participan en Melide no programa Conecta sobre emprendemento social no mundo do deporte

25 Xun 2012

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurará esta xornada, que contará coa presenza do campión de España de Rallyes, Sergio Vallejo, ou o piloto de Moto 2, Daniel Rivas,

O programa ‘Conecta’ estase a desenvolver en diferentes cidades e vilas de Galicia para ofrecer á mocidade unha alternativa para promover novos proxectos empresariais a través da participaciónMELIDE

Preto dun cento de mozos e mozas participarán hoxe nunha xornada do programa Conecta en Melide (A Coruña).Trátase dun espazo dirixido aos mozos e mozas onde terán a oportunidade de expoñer as súas inquedanzas, proxectos e actividades, fomentando un traballo en rede, que esta ocasión versará sobre emprendemento social no mundo do deporte.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurará esta xornada, que contará coa presenza do campión de España de Rallyes, Sergio Vallejo, ou o piloto de Moto 2, Daniel Rivas, que contarán a súa experiencia neste eido.

Ademais haberá diferentes ponencias, por exemplo, Javier Anido, do comité de organización do Rally de Históricos de Galicia, e José Fernando Mouriño, presidente da escudaría Rías Baixas, falarán sobre diversas iniciativas empresariais exitosas; ou Outeda Racing, fabricante de barquetas de competición, falará sobre a necesidade continua de innovar, de desenvolver novos e mellores produtos nun entorno cada vez máis competitivo.

O programa ‘Conecta’ estase a desenvolver en diferentes cidades e vilas de Galicia co obxectivo final de ofrecer á mocidade unha alternativa para promover novos proxectos empresariais a través da participación, así como fomentar o espírito emprendedor entre os mozos e mozas. A finalidade última deste programa forma parte dos eixos prioritarios de traballo da Estratexia Xuventude 2013 da Xunta.

Ademais, o mesmo busca renovar o enfoque do traballo coa mocidade a través da animación e da dinamización como métodos para abordar as oportunidades dos mozos e mozas, unha liña de traballo pioneira en España que pasa por fomentar e promover actividades de educación non formal para que a xuventude desenvolva as súas capacidades para emprender accións de participación social, creatividade, asociacionismo ou voluntariado.