1 m2 polo Campo, os Bosques e o Monte

12 Nov 2020

Saber o porqué, o onde, o cando e canta basuraleza nos rodea é o principio para liberarnos dela. Por iso, desde Proxecto Libera convídanvos a participar na nova convocatoria de "1 m2 polo Campo, os Bosques e o Monte". Unha nova acción de ciencia cidadá que se celebrará entre o 12 e o 20 de decembro de 2020.

O Proxecto Libera pretende contribuír a acabar co grave problema que supón o abandono de lixos e residuos nos espazos naturais grazas a unha nova acción de ciencia cidadá.

As circunstancias obrígannos a coidarnos máis que nunca e a tomar medidas excepcionais, Proxecto LIBERA adopta unhas medidas especiais para poder desenvolver a actividade da maneira máis responsable posible. Unha das medidas máis importantes é que os grupos de recollida deberán ser de entre 2 e 6 persoas por cada punto. Para o resto dos detalles sobre limpeza, desinfección e organización, podedes consultar o seu protocolo COVID19. Ademais, todos deberemos seguir as recomendacións de seguridade que diten as Comunidades Autónomas. Algunhas das medidas:

- Os grupos de recollida non deberán ser de máis de 10 persoas por cada punto.
- Limpeza e desinfección de mans e pel en xeral, así como superficies e útiles. Lavándose as mans con auga e xabón e/ou desinfectante con frecuencia.
- Inclúese nos materiais para enviar un bote con xel hidroalcohólico para a limpeza e desinfección (ata esgotar existencias).
- Manter a distancia social de seguridade de 2 metros
- Uso de máscaras en todo momento (así como luvas) a pesar de manter a distancia de seguridade.​
- Evitar saúdos con contacto.
- Non compartir nada: roupa, materiais, comida...

1 m2 polo campo, os bosques e o monte, contribúe grazas a todos vós a coñecer a tipoloxía e características da  basuraleza abandonada grazas aos vosos datos.

A esta iniciativa poderanse unir organizacións, Ong, asociacións e grupos de voluntarios.
Tes ata o 6 de decembro para abrir o teu punto!

https://proyectolibera.org/proximos-eventos/