Feira de emprego Talentia Summit ‘20

12 Nov 2020

Entre o 23 e 27 de novembro desenvolverase unha nova edición da feira de emprego Talentia Summit ‘20, que organiza o concello de Santiago, e que este ano contará coa participación de máis de cen empresas, ofertas de emprego a nivel estatal e máis de mil prazas de formación. Este ano, a causa da crise sanitaria provocada pola COVID19, emitirase case na súa totalidade en formato on-line; adaptándose así ás restriccións de aforos provocadas pola crise sanitaria. Non obstante, tamén se convocarán sesións híbridas emitidas por streaming para as poucas actividades que requiran asistencia en persoa.

No actual contexto económico, Talentia Summit ‘20 representa unha oportunidade para integrarse no mercado laboral, ou para buscar novas perspectivas profesionais. E faino coa proposta de enfrontar a complexidade dun modo distinto: o talento humano e o desenvolvemento das innovacións tecnolóxicas como o principal activo a ter en conta para a reconstrución económica e social.

As persoas que se inscriban e/ou participen en Talentia Summit ‘20 poderán presentarse ante os responsables de recrutamento de empresas; acreditarse mediante certificacións de competencias dixitais ou idiomas; asistir a conferencias, obradoiros ou webinars; e outras moitas actividades que os axudarán na mellora das súas competencias profesionais.

Está previsto que a principios de novembro se abra o prazo para reserva de prazas a través da web de Talentia Summit‘20.

https://www.talentiasummit.com/gl/