Prestamo de ordenadores na UDC

11 Nov 2020

A Universidade da Coruña vén de abrir unha convocatoria de préstamo de material informático para que o alumnado que careza dos medios precisos poida acceder á docencia virtual e á correspondente avaliación.

A duración do préstamo do material informático será, como máximo, ata a finalización dos exames do primeiro cuadrimestre o cinco de febreiro do próximo ano.

Os recursos susceptibles de préstamo son propiedade da Universidade da Coruña e serán empregados exclusivamente con fins docentes. O material é o seguinte:
1.a) 41 ordenadores portátiles (Intel Celeron – 4GB de RAM; 64 GB HDD; 14,1”)
2.b) 113 cámaras Wi-Fi para utilizar como Webcam
3.c) 169 tarxetas SIM de datos de ORANGE (90GB/mes), de cesión libre, que se activarán para un período de tres meses con posibilidade de ampliar o contrato por conta propia. O alumnado deberá posuír un dispositivo axeitado para o uso da tarxeta SIM190.

A solicitude do ordenador portátil e da cámara Wi-Fi son excluíntes entre si.

O prazo de solicitude estará aberto ata o día 24 de novembro de 2020.

Este plan de préstamo da UDC, dentro do Programa Supera Covid, ten a finalidade de axudar a paliar a situación xerada pola crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, para que o alumnado, de grao ou máster oficiais, que se atope en situación de dificultade poida continuar coa súa formación universitaria, tendo en conta as condicións extraordinarias en que se vai a desenvolver.

Máis información: https://bit.ly/3eK4OW9