Bolsas Fulbright

10 Nov 2020

O programa Fulbright-Schuman presenta o seu programa de bolsas para persoas mozas da Unión Europea que queiran estudar, desenvolver o seu programa de investigación ou dar conferencias en Estados Unidos. Os estudos deben estar relacionados coa realidade da UE, a integración europea ou as relacións dos gobernos comunitarios con Estados Unidos.

Hai catro tipos de bolsas dispoñibles:
- Bolsas para investigación e conferencias posdoutorales: están dirixidas a persoas que teñan un doutoramento e experiencia académica ou profesional en dúas ou máis Estados membros da Unión.                 
- Bolsas de investigación doutoral: para quen teña experiencia académica ou profesional en dúas ou máis Estados membros da Unión, teñan polo menos unha licenciatura e alcanzasen a excelencia académica.       
- Bolsas para educadores internacionais: dirixidas a profesionais en administración de educación internacional de universidades europeas para a investigación en Estados Unidos.         
- Axudas á Innovación: para quen expoña propostas tecnolóxicas e modelos de negocio innovadores e a súa integración nas políticas internacionais.

As persoas interesadas en presentar a súa solicitude deben organizar a súa estancia nunha universidade acreditada, un centro de formación profesional ou un organismo de investigación independente de Estados Unidos. Terán que completar unha solicitude online, achegando CV, expedientes académicos e cartas de recomendación, así como a confirmación da admisión na institución correspondente.

Quen sexa seleccionado/a percibirán unha remuneración mensual para cubrir a matrícula e os custos de vida e unha contía fixa para afrontar os gastos da viaxe e a instalación. Ademais, contarán cun seguro de enfermidade e accidente.

Poderanse presentar candidaturas ata o 1 de decembro de 2020

http://www.fulbrightschuman.eu/grants-eu-citizens/