Bolsas de formación no CIS

09 Nov 2020

O Centro de Investigacións Sociolóxicas convoca 10 bolsas destinadas a posgraduados/as para a formación en métodos e técnicas utilizados na investigación social aplicada.

Requisitos:
Estar en posesión do título de graduado/a ou licenciado/a.
Cualificación media final igual ou superior a un 1.8 (segundo o baremo de base 0 a 4)

A contía de cada bolsa non poderá superar o importe de 13.000 € anuais por bolseiro.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de novembro de 2020
Máis información no BOE do 6 de novembro de 2020 e en www.cis.es