I Concurso de Ensaios Universitarios sobre Avogacía e Dereitos Humanos

05 Nov 2020

Con ocasión do VII Congreso de Dereitos Humanos da Avogacía Española, o Consello Xeral da Avogacía Española e a Fundación Avogacía, convocan o I Concurso de Ensaios Universitarios sobre Avogacía e Dereitos Humanos.

O tema e título do concurso é "O Acceso Universal á Saúde: un enfoque desde os Dereitos Humanos". Desta maneira a Fundación Avogacía Española quere involucrar e concienciar na protección e defensa de Dereitos Humanos aos futuros avogados e avogadas que se atopan formándose para converterse nos representantes da nosa profesión no futuro.

Poden participar todos os estudantes, maiores de 18 anos, de calquera nacionalidade, que sexan residentes en España e estean a cursar grao universitario ou máster no curso 2020-2021. O tema pódese expor desde calquera enfoque xurídico ou social e deben ter un máximo de 2.000 palabras.

Os requisitos formais para o envío dos artigos son os seguintes:
- Un máximo de 2.000 palabras.
- Tipo de Letra:  Arial.
- Corpo: 12, exceptuando títulos de epígrafes ou portadas.
- Texto xustificado.
- Sangría de 1´5 na primeira liña.
- Formato  PDF.

Cada autor poderá participar cun máximo dun artigo. A participación é de carácter individual. As obras han de ser orixinais e non poden ser premiadas noutro concurso. Valorarase especialmente a vinculación do texto aos retos, desafíos e reflexións das mesas do VII Congreso de Dereitos Humanos sobre a Defensa do Acceso Universal á Saúde que terá lugar o 9 e 10 de decembro en sede do Consello Xeral da Avogacía Española.

Os orixinais que queiran optar ao concurso poderán enviarse ata o 4 de decembro de 2020 ás 24 horas.

Haberá un primeiro premio dotado con 500 euros e un segundo premio que recibirá 250 euros. Ademais, o artigo gañador publicarase no número de decembro de revísta Avogacía Española.

Bases do concurso