I concurso Galetiktokers Concello de Ames

04 Nov 2020

Poderán participar toda a mocidade de Ames a partir de 14 anos. O certame pretende estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas e darlle visibilidade á comunidade galega de  tiktokers.
O certame divídese en dúas categorías e a adscrición a cada unha delas dependerá da idade das persoas participantes.
– Primeira categoría: mozos e mozos de 14 a 16 anos (ambas as idades incluídas).
– Segunda categoría: mozos e mozos a partir de 17 anos.
O certame establece catro premios (dous en cada categoría) de 150 €.
– Premio do público: o vídeo con máis gústame no perfil de Instagram @ omixames en cada unha das categorías.
– Premio do xurado: o vídeo mellor valorado polo xurado en cada unha das categorías. Os premios entregaranse nun acto público en decembro de 2020.
Prazo: 30 de novembro de 2020

OMIX de Ames
Luns, mércores e xoves na Casa do Concello. Praza do Concello, nº 2 Bertamiráns. 15220 Ames
Martes e venres na Casa da Cultura de Milladoiro. Tavesía do Porto s/n Milladoiro. 15895 Ames
Teléfono: 616 08 32 29
omix@concellodeames.org