Bolsa no Museo do Prado

04 Nov 2020

O Museo Nacional do Prado convoca unha bolsa Senado de España de formación de investigadores e especialistas na área de Conservación de Pintura do Século  XIX. A bolsa destinarase á formación nas distintas tarefas e proxectos da área, con especial dedicación á investigación e documentación acerca da pintura social en España (1885-1908).

Requisitos:
Grao universitario en Historia da Arte.
Ter finalizados os estudos conducentes á obtención do título a partir de xaneiro de 2012
A bolsa terá unha duración de doce meses e está dotada con 18.000 euros.
O prazo para presentación de solicitudes estará aberto ata o 25 de novembro de 2020
Máis información no BOE do 4 de novembro de 2020 e en https://www.museodelprado.es/museo/becas