Talleres de Emprendemento Xuvenil, "Acción Contra el Hambre"

02 Nov 2020

"Acción Contra el Hambre" organiza un novo ciclo de talleres online desde o seu Itinerario de Emprendemento Xuvenil, para menores de 30 anos rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Neste novo ciclo traballarán sobre que estratexia online elixir para diferentes modelos de negocio.
O ciclo consta de 10 talleres de 4 horas de duración cada un de 10:00 a 14:00 horas.Comezarán o 5 de novembro de 2020.

Talleres e datas:
- O reto de emprender. Convertendo a túa idea nun modelo de negocio. CANVAS. Xoves 5 de novembro.
- Define a túa estratexia online e como elaborar o teu plan de comunicación. Venres 6 de novembro.
- Páxina web e estratexias de venda na internet. Martes 10 de novembro.
- Aprende a usar Facebook para o teu negocio. Mércores 11 de novembro.
- Á conquista de Youtube, novos modelos de negocio e estratexias de venda. Xoves 12 de novembro.
- Instagram do Gústame ao Cómpromo. Venres 13 de novembro.
- Desenvolve a túa marca persoal e faite visible cun Blogue. Luns 16 de novembro.
- Xeración de contidos dixitais. Martes 17 de novembro.
- Como Google póde axudarche no teu negocio? Mércores 18 de novembro.
- Practicando o aprendido e resolución de dúbidas. Xoves 19 de novembro.

https://www.accioncontraelhambre.org/es/somosgeneracionin