II edición do concurso de cómic A Cooperación si que importa

02 Nov 2020

A Rede de ONGD de Madrid convoca a II edición do concurso de cómic "A Cooperación si que importa". O obxectivo do concurso é dar a coñecer entre a poboación nova, mediante a edición dun cómic, os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que contén a Axenda 2030. Obxectivos que buscan construír un mundo equitativo, solidario e sostible sen deixar a ninguén atrás.

O resultado será unha publicación en formato cómic, composto polas 17 ilustracións elaboradas polas tres persoas gañadoras do concurso, que visibilizará cada un dos 17 ODS.

Cada participante terá que presentar unha ilustración, composta por entre 3 e 5 viñetas, que reflicta algún dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que forman parte da Axenda 2030.

As obras poderán ser en branco e negro ou cor, cunha extensión máxima de 1 páxina en formato DIN A4 por unha soa cara. As obras deberán enviarse en formato electrónico .jpg ou .pdf e cun tamaño inferior a 1 mega, ou 13x18 cm. con 150  pixeles de resolución. O autor ou a autora deberá identificarse co nome, apelidos, facultade onde estuda, DNI, email e teléfono de contacto.

A inscrición é gratuíta. Das propostas recibidas elixiranse a 3 debuxantes para que realicen as ilustracións do cómic.

Editaranse entre 4.000 e 5.000 exemplares, que serán distribuídos entre ONGD, universidades madrileñas, bibliotecas municipais, tendas de cómic, entidades sociais e Concello de Madrid. Así mesmo, coas obras presentadas, a Rede de ONGD de Madrid poderá celebrar unha exposición en salas e datas por determinar que se publicitarán nas páxinas web da Rede.

O primeiro premio consistirá en 1.500 € e será o/a encargado/a de plasmar o 50% das ilustracións que conteña o cómic. Unha bolsa con produtos de comercio xusto e unha praza para participar nun curso sobre Cooperación ao Desenvolvemento ou Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global organizado pola Rede.

O segundo premio consistirá en 1.000 € e será o/a encargado/a de plasmar o 30% das ilustracións que conteña o cómic. Unha bolsa con produtos de comercio xusto e unha praza para participar nun curso sobre Cooperación ao Desenvolvemento ou Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global organizado pola Rede.

O terceiro premio consistirá en 500 € e será o/a encargado/a de plasmar o 20% das ilustracións que conteña o cómic. Unha bolsa con produtos de comercio xusto e unha praza para participar nun curso sobre Cooperación ao Desenvolvemento ou Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global organizado pola Rede.

Haberá tres menciones especiais que terán como premio unha bolsa de produtos de comercio xusto.

Prazo ata o 31 de novembro de 2020

https://www.redongdmad.org/wp-content/uploads/2020/10/BASES-II-Edicion-CONCURSO-COMIC_DEF.pdf