Lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

02 Nov 2020

A Consellería de Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca 8 bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados nas seguintes universidades:

Btabla

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O programa de formación, que terá un marcado carácter práctico, estará integrado por actividades relacionadas coa docencia, a programación e a organización de tarefas, a investigación, a difusión e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas. As persoas adxudicatarias desenvolverán estas actividades, no marco do convenio asinado coas universidades de destino, baixo a dirección da persoa responsable do centro de estudos galegos e en permanente coordinación con esta.

O programa de formación das persoas seleccionadas terá unha duración máxima de 3 anos.

Importe íntegro mensual das bolsas:
1.123,96 €, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas.
1.277,12 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras..

Requisitos:
Non superar os 35 anos de idade na data de remate do prazo da presentación de solicitudes.
Poderá solicitar todas as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Filoloxía Galega.
- Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.
- Grao en Lingua e Literatura Galegas.
- Grao en Estudos de Galego e Español.
- Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
- Licenciatura en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 27 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país no que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
- Grao en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 30 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país no que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de decembro de 2020.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PL500E
Máis información no DOG do 2 de novembro de 2020 e en http://www.xunta.es/linguagalega