Premios extraordinarios nas ensinanzas de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño

30 Out 2020

A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño, correspondentes ao curso 2019/20.artesplasticas22
Poderanse conceder ata seis premios extraordinarios, coa seguinte distribución: 3 na modalidade de Música, 1 na modalidade de Danza e 2 na modalidade de Artes Plásticas e Deseño.

Requisitos:
a) Ter finalizado as ensinanzas profesionais de Música, de Danza ou de Artes Plásticas e Deseño no curso 2019/20 en centros públicos ou privados autorizados de ensinanzas profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter obtido unha nota media igual ou superior a 8,75.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2020.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311F
Máis información no DOG do 30 de outubro de 2020 e en www.edu.xunta.es