Ferramentas dixitais para mellorar a participación da mocidade nas comunidades

28 Out 2020

Este curso da Axencia Nacional do programa Erasmus+ Youth in Action de Portugal pretende facer unha valoración dos espazos e estruturas online para favorecer a participación das persoas mozas e avanzar cara a un uso máis ético e democrático dos mesmos, promovendo a reflexión crítica, desenvolvendo coñecementos e habilidades prácticas e incrementando a conciencia sobre os riscos, desafíos, oportunidades e obstáculos que presentan.
Está baseado nunha metodoloxía de educación non formal e de aprendizaxe colaborativa, incluíndo xogos, talleres e charlas.

O prazo para inscribirse estará aberto ata o 10 de novembro e a formación terá lugar entre o 2 e o 5 de decembro de 2020.

https://www.salto-youth.net/tools/european-training-calendar/training/enhancing-youth-participation-in-local-and-regional-life-and-community-through-digital-tools-online-course.9007/