VII Concurso de guións contra a violencia de xénero

28 Out 2020

A Deputación da Coruña convoca o VII Concurso de guións contra a violencia de xénero

O obxecto do certame é elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención da violencia económica como forma de control e dominación.

Participantes:
Mozas e mozos de 12 a 18 anos da provincia da Coruña, que cursen ESO, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou preferentemente en grupo (máximo 6 participantes por grupo), supervisados e titorizados por persoal docente do seu centro público de estudos.

Premio:
Outorgarase un único premio ao guión gañador que consistirá nun curso práctico de realización de curtas, no que se producirá o vídeo con base no guión gañador que se adaptará segundo as necesidades e onde as persoas participantes poderán ser partícipes e protagonistas en todo o proceso.
Así mesmo, outorgarase un premio en metálico de 4.000 euros ao centro educativo que titorice o guión gañador

O prazo para presentar os guións estará aberto ata o 1 de decembro de 2020

Máis información no BOP da Coruña do 28 de outubro de 2020 e en https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios-e-concursos/