Premio Concepción Arenal: proxectos educativos pola igualdade de xénero

28 Out 2020

A Deputación da Coruña convoca o VII premio Concepción Arenal co obxecto de deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para identificar e/ou rexeitar estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades real entre sexos.

Premiarase o programa de actividades do centro no que se traballe a prol da consecución da igualdade entre homes e mulleres, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de xénero incorporando de forma transversal a educación en valores como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, etc, a promoción da empatía e autoexpresión emocional e o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.

Poderán participar centros educativos públicos da provincia da Coruña que impartan educación infantil, primaria, ou as dúas, educación especial e educación secundaria nas seguintes modalidades:
– Proxectos educativos en educación infantil.
– Proxectos educativos en educación primaria.
– Proxectos educativos en educación secundaria
Cada centro educativo só poderá participar cun único proxecto.

Premio: 5.000 € por cada modalidade.
O prazo para presentar proxectos estará aberto ata o 1 de decembro de 2020

Máis información no BOP da Coruña do 28 de outubro de 2020 e na https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios-e-concursos/