V concurso de debuxos “Humildad por la Solidaridad”

23 Out 2020

A Confraría da Humildade e a S.D.Compostela convocan a quinta edición do concurso de debuxos “Humildad por la Solidaridad”.

Con tres categorías, comprendidas entre os 5 e 7, 8 e 10, e os 11 e 13 anos, calquera neno/a ou mozo/a pode participar de forma gratuíta, a condición de que cumpra cos requisitos establecidos, entre eles a súa temática, que debe tratar sobre unha representación do Nadal e a solidariedade.

Os debuxos poderán entregarse entre o 26 de outubro e o 27 de novembro, ambos inclusive. Á súa vez, a recollida das creacións terá lugar no correo electrónico info@cofradiadelahumildad.es; aínda que tamén se poderán realizar fisicamente nos puntos indicados nas bases.

En canto ao xurado, este ano, tendo en conta as restricións a causa do  Covid_19, a Xunta de Goberno da Humildade quixo dar un salto dixital para que sexan os propios seguidores da súa páxina de Facebook (CofHumildadStgo) os que determinen cales serán os debuxos premiados nesta edición a través das súas “gústame”.

O prazo de votación será do 30 de novembro ao 8 de decembro e o fallo terá lugar o 11 de decembro.

Os premios desta quinta edición, cortesía da  S.D Compostela, son os seguintes:
- Nenas/vos de 5 a 7 anos. Libro 50 anos de historia, bufanda e gorra oficial.
- Nenas/vos de 8 a 10 anos. Libro 50 anos de historia, bufanda e gorra oficial.
- Nenas/vos de 11 a 13 anos. Libro 50 anos de historia, bufanda e gorra oficial.

BASES V CONCURSO DE DEBUXOS, "HUMILDAD POR LA SOLIDARIDAD"