Alba Cid, gañadora do Xuventude Crea en poesía de 2013 e 2016, obtén o premio Nacional de Poesia

22 Out 2020

Alba Cid, gañadora da especialidade de poesía de Xuventude Crea 2013 e 2016 gañou o premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández 2020 pola súa obra "Atlas". albacid2

O xurado destacou que a obra premiada constitúe "unha reflexión sobre como a literatura elabora mapas da realidade e sobre o valor moral que pode ter a literatura como  problematización do mundo. É poesía tanto do coñecemento como da emoción, e presenta unha nova cartografía na que se funden o mapa do corpo co do planeta, a memoria e o enigma”.

Alba Cid foi recoñecida desde moi nova con diversos galardóns literarios, entre os cales están o 43 Concurso Nacional de Redacción Coca Cola en 2003, o Rosalía de Castro de Cornellà en 2006 e 2008, o Minerva en 2007, o Ourense de Contos para a Mocidade en 2010 e Xuventude Crea en 2013 e 2016

 

En palabras de Alba: "Un poemario que camiña desde aquela primeira “historia natural” dos tulipáns até un ensaio final. Que salta, imantado pola fascinación, as etimoloxías ou os obxectos; que se move".

 

Parabéns!