Prácticas en Unicef

15 Out 2020

O Programa de Prácticas de UNICEF ofrece aos estudantes a oportunidade de adquirir experiencia práctica directa no traballo de UNICEF en áreas funcionais que se poden clasificar en tres alicerces principais: Programa e Política, Relacións Externas e Operacións.

As persoas interesadas en realizar prácticas en UNICEF deben ser maiores de 18 anos e estar matriculadas en estudos de pregrao, posgrao ou doutoramento ou terse graduado nos últimos dous anos cun currículo académico excelente.

Tamén teñen que dominar un dos idiomas de traballo da axencia (inglés, francés e español), así como fluidez no idioma da oficina á que se postula.

As ofertas de prácticas publicaranse na páxina de emprego de UNICEF e poderase solicitar a participación nas mesmas a través do sistema de contratación online.

https://www.unicef.org/spanish/about/employ/index_internship.html