Bolsas aeroespaciais

14 Out 2020

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial "Esteban Terradas" convoca bolsas para a formación teórico-práctica e o perfeccionamento tecnolóxico en materias e proxectos propios do Instituto

Requisitos:
Título oficial de formación profesional de grao superior, graduado/a, enxeñeiro/a ou equivalentes, sempre que terminasen os seus estudos nos catro anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A contía individual da bolsa será de 12.000 € anuais para as bolsas dirixidas a graduados, licenciados ou enxeñeiros e de 9.000 € para as bolsas dirixidas a titulados/as en formación profesional de grao superior.
Os importes abonaranse por mensualidades, a razón de 1.000 € e de 750 € brutos mensuais respectivamente

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de novembro de 2020.
Máis información no BOE do 14 de outubro de 2020 e en http://inta.es/INTA/es/bolsa-de-empleo/becas/