A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca un curso máis o programa Correspondentes Xuvenís 3.0
Correspondentes xuvenís 3.0 pretende contar cunha "antena informativa" en cada centro educativo. Será alumnado que se responsabilice de recoller a información que se lles envie desde Xuventude, Espazo Xove ou OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.
Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:
1. Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: taboleiro informativo, redes sociais, grupos de wahtsapp...
2. Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro.
3. Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.
Este curso pretendemos que cada equipo de Correspondentes Xuvenís conte cunha rede social para a difusión da información. Ademais contaremos cun foro donde podrán participar todos/as os/as correspondentes e profesorado participantes, así mesmo participarán todas as Oficinas municipais de información xuvenil e Espazos xoves que colaboren no programa.
Beneficios para os/as correspondentes:
Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen no albergue xuvenil de Gandarío. (A realización de encontros estará condicionada pola evolución do Covid-19).
Reconoceráselles o tempo como persoas voluntarias mediante un certificado expedido pola Dirección Xeral de Xuventude.
Poderán solicitar o Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.
Beneficios para o profesorado colaborador:
O profesorado que participe a través do Plan Proxecta recibirá unha certificación da Consellería de Educación.
O programa Correspondentes Xuvenís pode solicitarse de dúas formas:
1. A través do Plan Proxecta da Consellería de Educación, ata o 24 de setembro de 2021.
2. Directamente coa Dirección Xeral de Xuventude, a través do Centro Coordinador de información xuvenil. FORMULARIO DE SOLICITUDE
Enviar o formulario a informacion.xuventude@xunta.gal
Máis información no teléfono 881 997 606 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/9626