Audas para paliar os efectos do Covid 19 en actividades de Erasmus +

07 Out 2020

O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca axudas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea no capítulo de Mocidade do Programa «Erasmus+» durante 2021 de Asociacións Estratéxicas para dar resposta á situación derivada da covid-19.

Obxecto, prioridades, condicións e finalidade da concesión:
- Promover a cidadanía activa entre a mocidade, en especial a europea.
- Potenciar a solidariedade e promover a tolerancia.
- Favorecer o entendemento mutuo entre mozos/as.
- Contribuír a mellorar a calidade dos sistemas de apoio ás actividades de mozos/as e reforzar a capacidade das organizacións da sociedade civil no ámbito da mocidade.
- Favorecer a cooperación europea no ámbito da mocidade.

Ademais, o programa de traballo da Axencia Nacional establece as seguintes prioridades nacionais, que serán tidas en conta na selección e valoración dos proxectos:
- Desenvolvemento de habilidades e competencias relevantes e de alta calidade, especialmente aquelas dirixidas a fomentar a empregabilidade e o desenvolvemento  socioeducativo e persoal, así como a participación na vida social e cívica.
- Promoción da educación e aprendizaxe permanente, educación non formal e informal e o traballo no ámbito da mocidade (incluído o traballo dixital no devandito ámbito) cun compoñente cultural e creativo.
- Promover a educación para o emprendemento, o emprendemento social e as actividades sen fins de lucro entre os mozos.
Inclusión social:
- Accións que axudan a abordar a diversidade e promoven, en particular a través de enfoques innovadores e integrados, a apropiación de valores compartidos, a igualdade, incluída a igualdade de xénero e a loita contra a violencia de xénero, a non discriminación e a inclusión social. Tamén haberá unha especial atención á mocidade no medio rural e os seus problemas específicos.
- Proxectos que traten temas relacionados coa loita contra a radicalización e violencia nos mozos.
- Fomento da inclusión e a empregabilidade da mocidade con menos oportunidades (incluídos os mozos/as que non estudan, non traballan e non reciben formación), con especial énfase na ocidade en risco de marxinación.
- Proxectos de concienciación e sensibilización ambiental: uso racional de recursos, sustentabilidade para non comprometer os recursos das futuras xeracións. Promoción de hábitos de vida saudable.
- Desenvolvemento das competencias dixitais, como o conxunto de coñecementos e habilidades que permiten o uso seguro e eficiente das tecnoloxías da información e as comunicacións.

 

Todos os prazos de presentación das solicitudes especificados estarán abertos ata as 12.00 h do 29 de outubro de 2020, para proxectos que empecen entre o 1 de marzo e o 30 de xuño do ano 2021.

Máis información no BOE do 7 de outbro de 2020 e en http://injuve.es/