Anomar

07 Out 2020

A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos convoca a XVII edición do concurso de poesía ANOMAR, onde a temática dos poemas é libre, cun mínimo de 20 versos e un máximo de 100, sendo a lingua dos poemas en galego.

As categorías do concurso están divididas por idades:
– 1ª categoría: rapaces e rapazas entre os 8 e os 12 anos.
– 2ª categoría: mozas e mozos entre os 13 e os 17 anos.
– 3ª categoría: a partir de 18 anos.

Os poemas poden enviarse por correo ordinario a:
Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos
R/Ameneiro, número 8
15894 Os Tilos-Teo. A Coruña

ou se pode facer de forma on-line ao seguinte enderezo:
anomar@arcostilos.org, a obra será remitida como arquivo axunto, sen poñer o nome da persoa, e no corpo do correo electrónico terán que constar os datos da autora/autor. No asunto do correo electrónico indicarase XVII Concurso de Poesía ANOMAR.

O prazo para participar estará aberto ata o 10 de novembro de 2020.

A decisión do xurado coñecerase nun acto público nos locais da asociación ás 20:00 horas, o venres 27 de novembro de 2020.


http://asociacion.arcostilos.org/xvii-concurso-de-poesia-anomar/