Career Center da USC: para mellorar a empregabilidade de alumnado e egresados

06 Out 2020

O Career Center da Universidade de Santiago de Compostela é unha plataforma de emprego gratuíta que vai permitir aos estudantes e egresados ter acceso dun xeito rápido e áxil a contidos, recursos e informacións relacionados coa mellora da súa empregabilidade e o seu acceso ao mundo laboral. Esta iniciativa en liña da Área de Orientación Laboral e Emprego constitúe un banco de ofertas de traballo e prácticas, actividades formativas, axenda de eventos, recursos de interese, perfís de empresas, boletíns, así como a posibilidade de solicitar citas de orientación coa propia Área para resolver dúbidas.

Estudantes
A inscrición na plataforma debe realizarse a través das credenciais de estudante, aínda que se trate de alumnado egresado. Neste senso, cada inscrito/a disporá dunha zona persoal dentro do Career Center e accederá a consellos, eventos ou un espazo específico para obter orientación laboral personalizada.

Empresas
Rexistrarse no Career Center da USC vai permitir ás empresas publicar e difundir as súas ofertas de traballo dun xeito rápido e gratuíto, facer seguimento das mesmas e ver os candidatos que se postulan, favorecendo así a súa visibilidade entre os usuarios/as da plataforma. Unha vez rexistradas, as empresas poden publicar novas ofertas de traballo facilmente accedendo co seu correo e contrasinal.

Na plataforma, os profesionais explican en formato audiovisual en que consiste o seu traballo e cales son os seus retos. Isto permitirá que as persoas usuarias podan afondar nos perfís das empresa que son do seu interese.

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/nace-career-center-usc-mellorar-empregabilidade-alumnado-egresados